Menu La Voz de Galicia Inicia sesión Mi cuenta OFERTA DE VERANO50% de descuento Suscríbete Cerrar Oito areais de Barreiros e Cervo súmanse á rede galega de praias sen fume La Voz VIVEIRO / LA VOZ BARREIROS XAIME RAMALLAL 26 jun 2019 . Actualizado a las 20:23 h. Whatsapp Mail Facebook Twitter Comentar · Oito areais de Barreiros e Cervo súmanse este verán á rede galega de praias sen fume, tal como anunciou J. M. Balseiro, delegado da Xunta, quen ademáis destacou a excelente calidade das augas das praias na Mariña. Regístrate gratis y recibe cada mañana en tu correo las principales noticias del día REGISTRARME As praias de Barreiros que se adhiren na presente campaña á rede de praias sen fume son as de Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Valea, Acantilado-Remior, San Bartolo e Altar; con anterioridade xa formaba parte da rede a de Coto. En Cervo súmase a de Cubelas e xa estaba a de O Torno. Os demais areais da rede son os de Xilloi, Abrela, Caolín e Vidreiro no Vicedo; Esteiro en Ribadeo, A Rapadoira en Foz, e Esteiro en Xove. O delegado territorial da Xunta comunicou que a Consellería de Sanidade certificou a calidade das augas das praias da Mariña, outorgando a cualificación de excelente á práctica totalidade dos areais da costa lucense. Archivado en: Barreiros Cervo Xunta de Galicia Ferrol ciudad A Mariña Whatsapp Mail Facebook Twitter Comentar ·