San Cosme de Barreiros celebra hoxe e mañá as súas festas patronais ao grande

La Voz

BARREIROS

cedida

Desde o concello animan a participar destes festexos aos veciños de Barreiros e de toda A Mariña

26 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

San Cosme de Barreiros celebra as súas festas patronais hoxe, día 26, e mañá 27 na praza do concello. O edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anima onte a asistir ás actividades programadas e a desfrutar destas festas locais.

Hoxe, Abanico e Metrópolis

Haberá misa solemne os dous días, á unha do mediodía, e sesión vermú. Hoxe, mércores 26, actuará un grupo de gaiteiros á saída da misa, e ás 21:30 horas celebrarase a festa-verbena coas orquestras Abanico e Metrópolis.

Mañá, xoves 27, festivo local, terá lugar a misa cantada pola Coral Polifónica de Barreiros, ás 18:00 horas haberá xogos infantís e ás 21:30 horas festa-verbena coas orquestras Essencia e Alaska.

José Manuel Gómez Puente, concelleiro barreirense, explicaba que «hoxe e mañá vaise celebrar o San Cosme, que é a festa patronal de San Cosme e de Barreiros. É festivo local o día 27 e como é costume sempre se fan os días propios de festa, que van ser hoxe e mañá. Toca celebrar estas festas nosas».

Tamén sinalaba Gómez Puente dixo que «os dous días a misa vai ser á unha. Mañá na igrexa de Abaixo, seguida de procesión e despois a actuación dunha agrupación folclórica de gaiteiros. De seguido será a sesión vermú e a festa-verbena ás nove e media. Ímos comezar cedo a verbena porque imos ter dúas orquestras e para que non se alongue moito a festa; queremos que acabe sobre as tres e media ou catro da madrugada, parécenos que está ben».

A Coral, mañá día 27

O edil sinalou que «o día 27 haberá tamén misa solemne á unha e vai estar cantada pola Coral de Barreiros, que o fai moi ben. Animo á xente a que veña á misa para que os escoite e despois haberá sesión vermú. Ás seis vai haber xogos infantís e ás nove e media festa-verbena con dúas grandes orquestras».

José Manuel Gómez Puente subliñou que «son dous días que coinciden pola semana, pero a tradición di de respectar ese día festivo local que é o xoves. Animamos a que a xente disfrute destes dous días de lecer, tantos aos veciños de Barreiros como aos de toda a comarca. Esperemos que nos acompañe o tempo que creo que vai ser así. Vai haber carpa para non notar a friaxe da noite e animo á xente para que nos acompañe e desfrute con nós das festas de San Cosme».

Nun principio as prediccións apuntan, efectivamente, a bo tempo, fresco, con claros, agradable para desfrutar, sen dúbida, das festas anuais de San Cosme, unhas festas tradicionais e con moito arraigo nesta localidade mariñana.