Augas de Galicia limpa 8.000 metros do cauce do Masma

La Voz BARREIROS / LA VOZ

BARREIROS

PEPA LOSADA

Retirán árbores do río en Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros

22 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Augas de Galicia acometeu traballos para a conservación da canle e as marxes do Río Masma ao paso polas localidades de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros. En total, actuaron sobre unha superficie de máis de 8.000 metros de longo co fin de liberar a canle e favorecer a recuperación e protección dos ecosistemas fluviais.

Deste xeito, os traballos, para os que se destinou unha partida orzamentaria de máis de 66.000 euros, consistiron na retirada de árbores e pólas caídas, así como na roza das marxes e a eliminación da madeira morta, concretamente, nos lugares de Viloalle e Masma, no concello de Mondoñedo; na parroquia homónima de Lourenzá; e en San Xurxo de Cabarcos e Celeiro de Mariñaos, en Barreiros.

Esta actuación encádrase nas labores de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías da Demarcación Galicia-Costa co obxectivo de acondicionar os accesos e garantir a protección dos ecosistemas fluviais, así como asegurar a correcta circulación das augas do Masma. Antes limparon o Eo.