Os bombeiros da provincia melloran o seu salario, pero seguen sendo os peor pagados de Galicia

O pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou crear un grupo de traballo para o cambio de xestión dos parques, pasando ao público, a partires do 2019


BARREIROS / LA VOZ

Os bombeiros dos parques comarcais da provincia mellorarán o seu salario cos 330.000 euros que este ano achegou a maiores a Deputación de Lugo. Así o anunciou Darío Campos, o presidente do ente provincial, ao rematar o pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros, que aprobou por unanimidade a creación dun grupo de traballo no que tamén participe a Xunta para o cambio de xestión dos parques, pasando ao público, a partires do 2019, que é cando rematan os contratos das empresas que actualmente se ocupan da mesma,

«A Xunta de Galicia non ten previsto polo de agora incrementar a súa aportación ao Consorcio noutros 330.000 euros como a Deputación de Lugo para poder equiparar os salarios dos bombeiros de Lugo aos dos seus compañeiros en Galicia», sinalaron dende a Deputación.

«Polo tanto, o Consorcio Provincial de Bombeiros emitirá os informes necesarios para mellorar, e non equiparar (porque a Xunta non fixo a achega que lle corresponde), as condicións salarios destes profesionais en Lugo tan só coa achega que si fixo o Goberno da Deputación de Lugo. Será necesario, por exemplo, e entre outras cousas, modificar o convenio entre traballadores e empresas ou os Estatutos do Consorcio, pois este recolle que dito organismo está financiado ao 50% por Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e, agora, o organismo provincial incrementa a súa aportación con 330.000 euros, que son os que non achega a administración galega, minguando a súa aportación», engadiron.

Dende o BNG, Xosé Ferreiro sinalou que a Xunta continúa a poñer trabas para aportar o 50 % restantes para equiparar os salarios dos bombeiros de Galicia e pon como condición que se inicie o rescate do servicio e pase a ser cento por cento de titularidade pública».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Os bombeiros da provincia melloran o seu salario, pero seguen sendo os peor pagados de Galicia