O Goberno da Deputación mellorou as prestacións públicasaos veciños de Barreiros con 290.000 euros

La Voz LUGO

BARREIROS

cedida

Destinaronse á mellora das prestacións públicas, ao fomento do benestar e á xeración de emprego.

22 may 2017 . Actualizado a las 12:20 h.

Estas actuacións veranse incrementadas durante este 2017, pois tan só co Plan Único o Concello de Barreiros ecibe xa 255.727 euros para executar novas melloras nas prestacións públicas.

Infraestruturas e melloras no rural

Unha das infraestructuras realizadas foi a nova ponte construída na parroquia de Vilamartín Pequeno, sobre o rego Porto Bragán, con 42.500 euros que achegou o Executivo Provincial. Os traballos consistiron no derrubamento da infraestrutura existente, moi deteriorada polas riadas, e na dotación dunha nova máis ancha e máis segura, pois mellorouse o firme con aglomerado en quente. O presidente da Deputación, Campos Conde, subliñou que “con estas actuacións, melloramos unha ponte que conecta o centro de Barreiros cos Concellos de

Ribadeo e Trabada, que empregan a cotío centos de cidadáns e milleiros no verán, cando a Mariña triplica a súa poboación. O Presidente engadiu que “con estas obras respondemos ás peticións dos 80 veciños que viven na zona, acondicionando unha infraestrutura que fai de acceso a ducias de explotacións gandeiras”. Neste senso, o Goberno da Deputación achegou outros 25.600 euros a máis actuacións en impulso do sector primario en Barreiros. Dito orzamento permitiu melloras de accesos públicos a fincas, a recuperación de terras abandonadas hoxe en uso, e o arranxo de invernadoiros.

Tamén se efectuaron melloras na Casa do Concello, Consistiron no cambio de ventás e na mellora tanto no illamento térmico do edificio anexo ó Consistorio como no cambio de ventás. Estas actuacións permitirán reducir a factura enerxética e foron financiadas polo executivo provincial con 19.216 euros Praias O Executivo Provincial financiou con 15.000 euros a adquisición de tres casetas con duchas e aseos nas praias de Altar, Coto e Lóngara. O Presidente destacou que “é necesario que todas as administracións nos impliquemos na dotación de prestacións públicas no rural, onde viven os nosos veciños, para contribuír á mellora da calidade de vida. Pero tamén o debemos facer nos espazos públicos que fan de Lugo unha provincia única, como as praias da Mariña, para que os milleiros de persoas que nos visitan, repitan e volvan. Podémolo facer con pequenas actuacións como esta, coa que ofrecemos un servizo básico e necesario”.

Atención a 51 maiores

O Goberno da Deputación atende a 51 maiores de Barreiros, a través do Servizo a Domicilio a persoas non dependentes, que o Executivo autonómico deixou de financiar en 66 municipios lugueses. Esta prestación asúmea na totalidade o organismo provincial. Son 34 os barreirenses que contan coa mesma grazas aos máis de 21.000 euros que achega o Goberno Provincial. Outros 17 veciños deste municipios con dificultades en canto a súa autonomía contan coa Teleasistencia gratuíta da Deputación.

Emprego

O Goberno da Deputación destinou 39.438 euros á creación de postos de traballo directos e ao reforzo dos servizos municipais a través do DEPUEMPREGO. Trátase do plan dirixido aos municipios de menos de 20.000 habitantes mediante o cal o Executivo Provincial financia na súa totalidade os custos laborais de novos traballadores. No caso de Barreiros, este investimento permitiu a contratación de 2 oficiais de fontanería que se encargan do mantemento da rede municipal de abastecemento de auga.