VIA Alfoz critica que se abra a piscina municipal e se prohíba acceder aos parques públicos

La Voz ALFOZ / LA VOZ

ALFOZ

CEDIDA

21 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

VIA Alfoz critica que se abra este luns a piscina municipal e sen embargo estea prohibido acceder aos parques públicos da localidade por mor do covid-19.

«Desde VIA Alfoz cremos que se debería permitir o acceso a áreas ao aire libre como os parques públicos, indicando as limitacións de aforo nas zonas de xogo, e manténdoas en condicións adecuadas para o seu uso. Pero claro sáelles mellor mantelos pechados no canto de limpalos», critican desde VIA Alfoz.

Desde esta agrupación independente fan «mención especial ao Parque Alcalde José Palmeiro, próximo ás vivendas sociais e á vivenda comunitaria. Hai descontento dos usuarios, pois é normal que non entendan como o parque segue pechado e nin sequera podan pasear por este espazo ou sentarse á sombra, situación que se suma ao estado de abandono no que frecuentemente se atopa o parque».

«Pola contra -conclúen desde VIA Alfoz-, desde o Concello de Alfoz vén de anunciarse que este vindeiro luns 20 de xullo abrirá a piscina municipal, en contra das medidas tomadas por outros concellos, algo que non entendemos».