Unha aposta importante polos nenos no Mercado Medieval de Alfoz

a. v. / s. c. ALFOZ / LA VOZ

ALFOZ

Pepa Losada

O concello tamén contratou catering para a cea medieval

20 jul 2019 . Actualizado a las 19:04 h.

Arancha Incera, concelleira de Turismo e tenente de alcalde en Alfoz, destaca desta edición do Mercado Medieval, da que se encarga o concello, «entre outras cousas, a aposta importante que fixemos para os nenos, para que teñan actividades hoxe todo o día con talleres de pan, de cestería, xogos, paseos a cabalo...».

Tamén destaca o cátering que contrataron -Pulpería Taboada- para os tres bares do Mercado e para a cea medieval desta noite no entorno fantástico da fortaleza do mariscal.

«Foi todo un pouco á présa. As circunstancis obrigáronnos e con limitacións de presuposto e de tempo tratamos de organizar o Mercado Medieval, pero hai moita participación da xente, de Alfoz e do Valadouro. Hai que destacar isto, a participación e a axuda que temos de moita xente, tamén do Valadouro», destacaba Arancha Incera.

Toda a mañá de hoxe, desde as 11, hai actividades para os nenos e nenas. Pola tarde a máis de xogos, ás 20 horas terá lugar unha representación teatral e despóis á noitiña, para a hora da cea, están previstos un xogos malabares con lume, espectaculares, na mesma área do castelo. «Esperamos á noite para que así luzan máis. Creo que á final quedou un programa moi completo, para os nenos -que estén entretidos e desfruten- e tamén para os maiores», sinalaba.