Jorge Val di que Alfoz saíu da 'parálise e o abandono'

"Agora toca continuar co proxecto progresista", sinala


ALFOZ/LA VOZ

«Dende o Goberno Municipal socialista puxemos nestes 4 anos os cimentos, agora toca continuar o proxecto progresista que permita mellorar o futuro de Alfoz», subliñou onte o alcalde, Jorge Val, no mitin celebrado este xoves e no que participou o Senador do PSOE pola provincia de Lugo, César Mogo, a deputada socialista no Parlamento Galego, Patricia Otero, e a Secretaria de Organización Local, Arantxa Incera.

O rexedor socialista destacou que «partíamos dunha situación moi negativa, de parálise e abandono por parte do Partido Popular, pero neste mandato logramos asentar unha boas bases para dar o cambio en positivo que necesitaba Alfoz e para que os nosos veciños contaran con prestacións básicas que non tiñan». Lembrou que a Deputación destinou 1,4 millóns a Alfoz.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Jorge Val di que Alfoz saíu da 'parálise e o abandono'