Pepe Peinó lidera en Alfoz a lista dun PP con 9 caras novas

La Voz ALFOZ / LA VOZ

ALFOZ

C.

01 may 2019 . Actualizado a las 20:31 h.

O profesor José Vázquez Peinó (Lugo, 1960) lidera como independente a lista do Partido Popular para as municipais do 26 de maio. Forman parte da candidatura 16 persoas, das que 9 son caras novas. «Incluímos moita xente nova na lista, sendo a máis nova unha rapaza de 20 anos e o maior un home de 68», sinala Peinó. Concorrerán aos comicios como número 2, Juan José Fraga Paz (enxeñeiro agrícola natural e propietario de Casa Barbeiro e NarXosé); como número 3, Raquel Rouco Iglesias (técnica superior en Administración e Finanzas e Saúde Ambiental, que traballa como florista); de número 4 Jacobo Geada Adrio (diplomado en Ciencias Empresariais e administrativo en Agro Forestal Rouco); e de número 5 Jesica García Fraga. Tamén Daniel Rejes Trobo, Marco Vázquez López, Nerea Pena Vigo, Alberto Souto Franco, Ana Martínez Rego, José Juan Lourenzo Rubal, Fernando Rico Val, Iván Fernández Pernas, Rebeca Fraga Paz, Gerardo Cao Veiga e Jesús Paz Pumares.