Lorenzo Gómez encabeza a lista do BNG en Alfoz

La Voz ALFOZ / LA VOZ

ALFOZ

CEDIDA

"Lidera unha candidatura para volver a entrar con forza na corporación municipal", explican desde o partido

23 abr 2019 . Actualizado a las 09:54 h.

A candidatura do Bloque Nacionalista Galego ás municipais en Alfoz está encabezada por Lorenzo Gómez Dorado, de 31 anos, traballador forestal, e veciño da parroquia de Carballido. Desde o partido teñen como obxectivo "volver a entrar con forza na corporación municipal de Alfoz para traballar e para que neste concello se goberne pensando nas necesidades das persoas e na mellora dos servizos, para o que é necesario darlle voz e participación a todos os veciñ@s, @s colectivos e ás parroquias". O candidato ve necesario apostar "polo noso potencial agrario e tamén polo forestal, dúas fontes de riqueza moi importantes no noso concello, ademais das moitas posibilidades que temos a nivel turístico".

Desenrolar todas as potencialidades de Alfoz. A candidatura confórmana as seguintes persoas: Lorenzo Gómez Dorado, Paula Ferreiro Pena, Diego Lorenzo da Conceiçao, Aladino Barreira Chao, Ana Vanessa Dorado Castro,  Xosé Anxo Fernández López, Jaime Díaz Maseda, María Celia Fraga Goás e Enrique Salvador Fraga Calvo.