Un traballo con actores de grupos teatrais da Mariña gaña o certamen de curtas de Alfoz-Valadouro

La Voz ALFOZ / LA VOZ

ALFOZ

Matías Nicieza levouse o primeiro premio coa obra  "Instrucciones para empezar a hablar gallego", baseada nunha historia de Séchu Sende

17 mar 2019 . Actualizado a las 20:37 h.

Matías Nicieza, cun traballo no que participaron actores de grupos teatrais da Mariña, gañou o certame de Curtas de Alfoz e O Valadouro, enmarcado dentro do VII Festi-Val de Cine de Alfoz e O Valadouro. Paz Quiroga e José Ramón Leal tamén foron premiados.

Matías Nicieza gañou coa obra "Instrucciones para empezar a hablar gallego", baseada nunha historia de Séchu Sende. Na película explicou, dun xeito cómico e cheo de retranca, como son os prexuízos os que evitan que moita xente fale galego, como se fose unha cousa rara facelo. No filme, rodado en Burela e O Valadouro, participan actores de diversos grupos de teatro da comarca, como O Bordelo, Pico do Castro, Raiolas, O Centiño, etc. O gañador conseguiu de premio 300 euros e a figura emblemática do Castelo do Castrodouro fabricada pola fábrica de Sargadelos, segundo deseño do alfocense Pepe Blanco.

Ademáis, o premio do público foi para "O preguiceiro", dirixido por Paz Quiroga, profesora do Instituto Alfoz-Valadouro, que rodou a película cos seus alumnos de Teatro baseándose en diversos contos populares galegos. O filme xa obtivera o Primeiro Premio do Festival OuffEscola, encadrado dentro do Ourencine.

E o premio á mellor película do Val foi para "O río", de José Ramón Leal, producido por Terra Branca Audiovisuais, de Ribadeo. Trátase dun fermoso e poético documental sobre o río Ouro, no que colabora o poeta Paco Rivas.