Benedicta Sánchez, cun Goya, actuará co grupo de Castro de Rei este sábado en A Pontenova

y. g. A PONTENOVA / LA VOZ

A PONTENOVA

VÍTOR MEJUTO

12 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Ainda que haberá que agardar á cita deste sábado 14 ás 20.30 horas na Casa da Cultura de A Pontenova, dende a delegación municipal de Cultura esperan que a presenza de Benedicta Sánchez, gran merecedora dun Goya, exerza de imán para o público que queira asistir a unha das representacións da VI Mostra de Teatro Municipal 2020. «Pode ser que dea tirón si. Algo se notará», afirma Manolo Alonso, concelleiro de Cultura. Confirmou onte que Benedicta Sánchez, a protagonista de «O que arde» de Oliver Laxe, estará dentro do elenco de actores e actrices da Escola Municipal de Teatro Castro de Rei que escenificará a obra «Por un puñado de grelos».

O domingo 15 haberá outra cita programada dentro do circuito dramático pontenovés. Neste caso, o telón volverá a subir para amosar diante do público o bo facer da Escola Municipal de Teatro de A Pontenova. Esa representación tamén será na Casa da Cultura a partir das 19.30 horas. Dita obra leva por título «O achado do castro».