A Deputación aproba obras en estradas por valor de 310.000 euros en A Pontenova

La Voz A PONTENOVA/LA VOZ

A PONTENOVA

CEDIDA

08 feb 2020 . Actualizado a las 21:26 h.

A Xunta de Goberno da Deputación de esta semana aprobou obras de mellora en estradas de A Pontenova por valor de 310.000 euros. En concreto, vaise actuar de xeito inmediato na estrada LU-P- 4802 que conecta Santalla-Navallo con Ponte Soutelo (3 quilómetros); na LU-P-4806, a vía que vai dende Vilaxe ata Ribeira de Piquín (máis de 2 quilómetros); e na LU-P-4809, que une Conforto con Souto de Mogos (máis de un quilómetro). Un total de 6 quilómetros e medio nos que se investirán 310.000 euros.