O Xulgado do Social declara fixos a dous traballadores do Grupo de Emerxencias da Pontenova

La Voz A PONTENOVA / LA VOZ

A PONTENOVA

CEDIDA

Ata agora se lles renovaba o contrato cada ano desde o 2013

04 oct 2019 . Actualizado a las 17:51 h.

O xulgado do social Número 3 de Lugo vén de decretar a fixeza de dous operarios do grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A Pontenova.

O xulgado declara a súa condición de persoal laboral fixo; ata agora se lles renovaba o contrato ano a ano desde o ano 2013.

Para a CIG «estas dúas sentenzas veñen a manifestar a situación fraudulenta que os Concellos fan do persoal destes grupos de Emerxencias. Esta situación fraudulenta da contratación do persoal destes grupos de emerxencias, que se dá de forma prácticamente xeral en todos os concellos que disponen deste servizo, deriva dunha concepción irresponsable por parte das administracións implicadas, tanto Xunta, como deputacións provinciais, Fgamp e Concellos sede, posto que dunha banda o obxectivo da Xunta é dar unha suposta cobertura de servizos de emerxencias a zonas nas que non chegan os parques de Bombeiros, e por outra banda os concellos, co visto bó de deputacións e FGAMP, acollen estes grupos co obxectivo de poseer peóns», din.