Cen atletas disputan a segunda carreira Vía Verde do Eo

La Voz A PONTENOVA / LA VOZ

A PONTENOVA

A Pontenova Comezará ás 17.30 horas xunto a Pé da Viña, sobre un traxecto de 10 quilómetros e como homenaxe a Ventura

08 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación Cultural e Deportiva As Minas de A Pontenova volve a organizar a Carreira popular Vía Verde do Eo, que se celebra hoxe con cen atletas inscritos nas diferentes categorías (72 en máster, 21 en sénior e 7 en promesas) e como homenaxe a un histórico do atletismo pontenovés, Manuel Lastra, Ventura.

O traxecto será o mesmo para todas as categorías, de dez quilómetros, con saída nas inmediacións de Pé da Viña, na antiga vía do tren mineiro, a onde serán levados os participantes en buses. Discorrerá polos concellos de Trabada, San Tirso e A Pontenova, por pistas e estradas ao carón do río Eo, atravesaranse catro túneles da antiga vía do tren. A meta estará na Praza dos Fornos.

Haberá trofeos para os primeiros clasificados, e ó final todos os participantes poderán participar nun pequeno convite, trala entrega de premios, prevista para as sete da tarde.

Colaboran na organización da proba o Concello, a Federación Galega de Atletismo e a Xunta.