O 26 de marzo escrituraranse os terreos da residencia da Pontenova

O PSOE sostén que o polígono industrial non avanza pola Xunta


A Pontenova / La Voz

O próximo 26 de marzo escrituraranse os terreos necesarios para a construción da residencia de maiores da Pontenova, que foron adquiridos en parte pola Deputación de Lugo. O Concello, pola súa banda, abonou preto de 95.000 euros, e varias hectáreas foron doadas. Segundo informan desde o PsdeG-PSOE, neste momento estase a redactar o proxecto para a súa licitación de cara a iniciar o proceso de contratación das obras. En relación co polígono industrial do municipio, os socialistas, que gobernan no concello mariñano con Darío Campos como alcalde, afirman que o Concello «fixo todos os traballos que lle corresponden para a súa ampliación, estando agora pendente de que a Xunta de Galicia inscriba os novos terreos no Rexistro de Planeamiento para poder conceder novas licenzas ás empresas interesadas». En relación co turismo, as mesmas fontes sosteñen que o Concello está traballando no que definen como «novos e importantes proxectos» como a mellora das Rutas das Minas ou a posta en valor da área recreativa do Boulloso, onde se van restaurar os fornos. De feito, din, o Concello investiu 145.000 euros na adquisición dos terreos necesarios para o desenvolvemento desta última iniciativa. O tenente de alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, acusa ao voceiro do grupo municipal do PP de «mentir» sobre o traballo que realiza o goberno local, e de acudir á Pontenova «só por motivos laborais e exclusivamente cando hai pleno». Asegura, entre outros, que non participa en citas veciñais como a Feira de Antigüidades, a Festa da Troita, a Malla ou o Baixeo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O 26 de marzo escrituraranse os terreos da residencia da Pontenova