O focense Daniel Otero, profesor de interpretación en Casa Hamlet e actor na serie «Clanes», ofrecerá clases de teatro para nenos e adolescentes en Burela desde o mércores 7
A MARIÑA
Haberá un grupo para nenos de 7 a 11 anos e outro para rapaces de 12 a 17
06 oct 2026 . Actualizado a las 12:14 h.O focense Daniel Otero, que é profesor de interpretación na escola de teatro Casa Hamlet, na Coruña, e actor en series como Clanes, de Netflix, entre outros, ofrecerá clases de teatro para nenos e adolescentes en Burela desde este mércores, 7 de outubro. As sesións terán lugar nas instalacións da asociación cultural Xebra, na Rúa Leandro Cucurny, número 19. Haberá dúas sesións. Unha dirixida a nenas e nenos de 7 a 11 anos, que dará comezo ás 17.00 horas e finalizará ás 19.00, e outra para adolescentes, de 12 a 17 anos. Desenvolverase de 19.00 a 21.00 horas. Cada grupo terá dúas horas de clase á semana. A primeira sesión será gratuíta, de proba. Informan no 661 062 984, no correo electrónico danielcasahamlet@gmail.com ou na asociación Xebra. «Vou intentar plantar a semente do teatro en Burela e a ver se vai para diante», comentou hai uns días a La Voz Otero, que é graduado en Filoloxía Inglesa pola USC. O seu soño sería montar unha escola da teatro na Mariña lucense, a súa comarca natal. Destaca que o teatro axuda ós nenos e adolescentes a aprender a escoitar e a estar en calma, ademais de mellorar a súa expresividade verbal ou xestual. Ensinanzas para a vida.