Mofa e Befa, Xico de Carinho e Servando Barreiro ofrecerán o sábado 12 «comedia e música» no Teatro das Cortes, no Vicedo

L.R. O VICEDO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >En imaxe de arquivo, unha actuación do dúo Mofa e Befa, formado polos actores Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira</span>
En imaxe de arquivo, unha actuación do dúo Mofa e Befa, formado polos actores Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira ANA GARCÍA

Os espectáculos darán comezo ás 18.30 horas e a entrada será de balde

08 sep 2026 . Actualizado a las 18:50 h.

Mofa e Befa, un dos dúos teatrais con máis prestixio de Galicia, formado polos actores Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, actuará este sábado, 12 de setembro, no Teatro das Cortes, no Vicedo, dentro da «Tarde de comedia e música» que impulsará a Asociación Volta e Dálle. A cita, cuxa entrada será de balde, dará comezo no lugar do Xestoso, na parroquia de Cabanas, ás 18.30 horas. Nese momento, Mofa e Befa ofrecerán unha antoloxía das súas obras. Máis tarde, ás 20.30 horas, haberá un concerto de cantigas galego-portuguesas con Xico de Carinho e Servando Barreiro. O primeiro, Francisco Xosé Pena Villar (Cariño, 1940), máis coñecido como Xico de Carinho, é un mestre, fotógrafo e músico que leva décadas traballando na promoción e o fortalecemento das relacións culturais entre Galicia e Portugal. Mantivo unha fonda amizade con José Afonso. Mentres tanto, Servando Barreiro e cantor, compositor e músico galego nado en Vigo, especializado en cancioneiros galego-portugueses. Tamén realizou composicións musicais con letras propias e de poetas clásicos e contemporáneos galegos. A iniciativa conta co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a colaboración da Bodeguilla de San Lázaro, Peixeiría Grallal e Café-Bar 13.