Falece o profesor e político focense Luís Gonçales Blasco, que participou na fundación da UPG
A MARIÑA
Tivo que exiliarse en Francia a finais dos anos sesenta pola súa oposición ó franquismo
19 ago 2026 . Actualizado a las 13:45 h.Faleceu Luíz Gonçales Blasco, profesor e político nacido no 1941 en Foz, e coñecido como Foz. Significado activista nacionalista e marxista, tivo que exiliarse en Francia a finais dos anos sesenta. Hai varios anos participou xunto con Olga Villarino e Adolfo Paz nunha mesa redonda organizada por A Pomba do Ardo na Librería Bahía para recordar en primeira persoa como viviron as revoltas estudantís de 1968 en puntos como Santiago de Compostela e París. En detalle, no 1968 Gonçales Blasco estudaba na Facultade de Ciencias e contaba xa cunha «longa traxectoria na oposición ó franquismo». De feito participou na fundación da Unión do Pobo Galego. Foz faleceu en Ames. O seu corpo será velado no tanatorio municipal de Boisaca, en Santiago. Este mércores, 19 de agosto, haberá un acto civil no tanatorio.