«Orgulloso de ser galego e con acento»

A MARIÑA

Adrián Ben, primeiro pola esquerda, de traxe claro.
Adrián Ben, primeiro pola esquerda, de traxe claro. sandra alonso

Adrián Ben está a facer historia no atletismo galego e tamén no español. O deportista de Viveiro aínda ten por diante moitos retos e títulos por seguir conquistando. No seu historial, a pesar da súa xuventude, ten xa logros e récords que o converteron nun atleta referente. Produto de todo ese traballo e dos trunfos que leva acadado, o Goberno galego decidiu que recibise este domingo unha das Medallas Castelao ao mérito deportivo.

Adrián Ben sempre ten amosado orgullo por Viveiro, faino cada vez que ten ocasión diante das cámaras en calquera campionato deportivo internacional. Por Viveiro e por Galicia. Pola súa terra. Tamén pola súa xente. Volveu repetilo este domingo ao agradecer a distinción. 

Dixo que el non corre só, que detrás ou canda el vai o traballo de todos os seus entrenadores anteriores, que corre coa forza e a enerxía que lle dá a súa xente e moi especialmente a súa familia. E volveu insistir en que se sente orgulloso, sobre todo, de ser galego. De Viveiro e galego. «Sempre o digo, estou moi orgulloso de ser galego e con acento».