Covas engalánase con motivo do San Xoán comezando hoxe as festas coa fogueira ata o venres
A MARIÑA
Serán do 23 ao 26
23 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Do 23 ao 26 deste mes de xuño completaranse un total de catro días intensos de festa na parroquia viveirnse de Covas, con motivo da celebración de San Xoán Bautista. Este martes, 23 de xuño, darase o pistoletazo de saída da cita local coa gran lumeirada que transformará a praia, no entorno do monumento natural dos Castelos, nunha especia de «faro» ocasional para o resto da contorna. Será a partir das doce da madrugada, marcando dunha forma moi notoria e popular a entrada directa na tempada do verán e, polo tanto, turística. Trátase dunha tradición centenaria que cadra co solsticio de verán e que simboliza a vitoria da luz sobre a noite, ademais do inicio do verán. Ese día tocarán a verbena as orquestras Acordes e Nueva York.
Ao día seguinte, mércores 24, proseguirá a axenda. Ás 11.00 ofrecerá un pasarrúas a Escola de Gaitas Cacharela, de Covas. A igrexa parroquial acollerá a misa do patrón ás 13.00 horas, e a continuación haberá procesión, que será acompañada pola Banda da Misericordia a través do programa Tradigalu da Deputación de Lugo. A orquestra mindoniense Salsarena, que dirixe Enrique Veiga Bermúdez, ofrecerá a primeira sesión vermú do ano, e pola noite actuará coa orquestra Capitol. En canto ao xoves 25, Non cho digo será o encargado de brindar o pasarrúas xunto coa Escola de Gaitas Cacharela. Trébol amenizará a sesión vermú. A partir das 20.00 terá lugar a gran sardiñada popular no Campo da Pascua, degustación na que non faltarán as sardiñas, os cachelos e a música tradicional. Á verbena voltará Trébol. O 26 será o último día, dedicado aos nenos. As atraccións do campo da festa funcionarán a prezos populares
Colaboran coa comisión de festas o Concello, a Xunta de Galici, a Área de Cultura da Deputación e Seiramar Espectáculos.