O Coro de Adultos do Conservatorio de Viveiro actuará este sábado pola tarde
A MARIÑA
A actuación dará comezo ás 20.30 horas na igrexa das Concepcionistas
19 jun 2026 . Actualizado a las 13:36 h.A Aula de Adultos do Conservatorio de Música de Viveiro, chamada Melomanía, recorda que, como remate do curso 2025-2026, este sábado, 20 de xuño, organizará un concerto do Coro de Adultos na igrexa das Concepcionistas a partir das 20.30 horas. Nel, o coro que dirixe o músico e profesor Antonio J. Álvarez Neira, brindará ó público asistente un repertorio que incluirá unha gran variedade de estilos nas obras interpretadas. Deste xeito, haberá música culta, pero tamén tradicional, boleros e arranxos de música pop, destacando a interpretación de Súper Trouper, tema popularizado polo grupo sueco Abba. Estarán acompañados ó piano por Paula Fraga Pollán e actuarán como solistas Saleta Couceiro, Eduardo Gradaille, Rubén Estébanez e Tito Gómez. O luns 22, os Xardíns Noriega Varela, ó lado do Conservatorio, acollerán un concerto dos grupos Jamape, Sen límites e Fervenza 00, con música melódica, pop, rock e música inédita en galego, mentres que o martes 30 de xuño terá lugar un concerto de Voces e Instrumentos que dará comezo ás 20.30 horas no salón de actos con Conservatorio. Diferentes intérpretes amosarán nel as súas calidades vocais e instrumentais. Desta maneira o Conservatorio de Música Profesional de Viveiro dará por rematado o curso.