Karras Martínez debutou na Cidade da Cultura

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Karras, con la camiseta del Viveiro CF en el Wake Up!
Karras, con la camiseta del Viveiro CF en el Wake Up! RAÚL FRANCO

Pinchou vestindo unha camiseta do Viveiro Club de Fútbol no festival Wake up!

07 jun 2026 . Actualizado a las 12:09 h.

Karras Martínez debutou este venres pola tarde na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela dentro do festival Wake Up!, nunha actuación moi especial na que tamén quixo amosar, unha vez máis, o seu amor por Viveiro e pola Mariña lucense. O artista subiu ao escenario lucindo unha camiseta do Viveiro Club de Fútbol, que ademais incluía unha emotiva referencia a Mury, compañeiro co que tiña previsto compartir un B2B e que finalmente non puido asistir por motivos persoais. Con este novo set, Karras Martínez continúa consolidando a súa traxectoria encadeando actuacións xunto a artistas destacados da escena electrónica nacional e internacional, compartindo cartel con algúns dos máximos expoñentes actuais da electrónica. Ademais, os próximos meses preséntanse especialmente intensos para o artista, con varias citas de relevancia xa confirmadas na súa axenda. Entre elas destaca a súa participación no Ether Festival, cuxa próxima edición se celebrará en Viveiro os días 17 e 18 de xullo, no parque Pernas Peón, reforzando así a súa presenza nun dos eventos musicais máis destacados da comarca.