Consulte aquí o calendario de concertos de fin de curso do Conservatorio de Música Profesional de Viveiro
A MARIÑA
As actuacións son abertas ó público en xeral e consolídanse como un referente a nivel galego pola variedade e a calidade das súas especialidades instrumentais
30 may 2026 . Actualizado a las 18:24 h.O Conservatorio de Música Profesional de Viveiro, que dirixe Antonio Álvarez Neira, iniciou os seus concertos de fin de curso, que son abertos ó público en xeral e se consolidan como un referente a nivel galego pola súa cantidade e calidade das súas especialidades instrumentais. Este mércores, 3 de xuño, a Banda de Gaitas actuará pola Rúa Pastor Díaz a partir das 19.00 horas. Ás 20.30 ofrecerá o concerto de fin de grao no salón de actos do conservatorio. O 4 de xuño terá lugar o Concerto de Fin de Curso no Teatro Pastor Díaz ás 19.00 horas. O venres 5 haberá un Concerto de Canto no salón de actos do conservatorio ás 18.30 horas. O sábado 6, o Coro do Conservatorio actuará na igrexa de San Francisco desde as 20.30 horas, e o día 9 no salón de actos do conservatorio haberá Concerto de Saxofón ás 19.30 horas. O día 10, no mesmo espazo e á mesma hora, Concerto de Piano, ó igual que o día 11. Ese día, na Praza da Fontenova ás 20.00 horas, concerto do Grupo de Cámara. O venres 12 de xuño, Concerto de Guitarra no salón de actos ás 19.00 horas, mentres que ás 20.30 horas, na igrexa de Santa María actuará a Orquestra de Corda. O día 13, na igrexa das Concepcionistas ás 20.30 horas, concerto do Coro de Adultos, e o día 15 ás 19.00 horas, Concerto de Frauta no salón de actos. O día 17 haberá dúas citas. A primeira, no salón de actos ás 19.30 horas, cun concerto de Corda Fretada, e a segunda, ás 18.00 horas na Praza Maior, cun concerto dos Grupos Eléctricos. O día 18, no salón de actos do conservatorio ás 20.00 horas, Concerto de Vento metal, mentres que o día 19 ás 20.00 horas, tamén no salón de actos do centros, Concerto de Voz e Instrumentos de adultos. O día 22, os Xardíns Noriega Varela serán escenario do concerto dos Grupos de Adultos desde as 20.00 horas, e o día 23, o salón de actos acollerá o Concerto de Clarinete desde as 18.30 horas. Finalmente, o 26 de xuño, en La Conservera haberá un concerto dos Grupos Eléctricos desde as 20.30 horas.