Dos plataformas de Ribadeo se oponen a la construcción en la ría de una escollera para el puerto deportivo de Figueras
A MARIÑA
«Somos conscientes do delicado tecido social que conformamos as comunidades circundantes da ría e da conflictividade que os oportunismos de cada quen poden xenerar», afirman
28 may 2026 . Actualizado a las 21:30 h.Dos plataformas vecinales de Ribadeo se oponen a la construcción en la ría de una escollera para el puerto deportivo de Figueras, tal como pretende el Gobierno del Principado. Son la Plataforma en Defensa da Ría de Ribadeo e a Plataforma en Defensa das Árbores, que se unen a la Plataforma Bío Eo. Así lo expresan en un amplio comunicado público. «O Servizo de Portos do Principado de Asturias ven de promover un proxecto de escollera para a ampliación do Porto Deportivo de As Figueiras que se atopa actualmente en periodo de exposición pública. O Proyecto consiste, basicamente, na construcción de un muro ou escollera de 185 metros de longo e 8 de altura en fronte do porto actual de As Figueiras, que será parcialmente derruido, previo dragado de 34.672 metros cúbicos de materiais sedimentarios para afondar lixeiramente o calado. O investimento previsto inicialmente será de uns 3.6 millons de euros e o prazo de execución dependería de resultado do expediente e de diferentes trámites pendentes. O Colectivo BIO Eo, con sede en As Figueiras ten presentado un documento de alegacións suliñando tanto carencias administrativas do procedimento como diversos efectos negativos do proxecto, tanto para a zona próxima ás Figueiras como ao conxunto da ría. As duas asociacións que figuran no encabezamento, en coordinación con Bio Eo temos presentado un documento con 16 alegacións (mais as 16 de Bio Eo que fan un total de 32) que fai especial fincapé nos inconvintes do proxecto para a navegabilidade na ría, os efectos prexudiciais sobre o Porto Comercial de Ribadeo, as mais que notabeis fallas de información ao Concello de Ribadeo e á Xunta de Galicia, os graves impactos do verquido dos dragados e outra serie de inconvintes sobranceiros. O documento encóntrase publicado integramente no blog “Ribadeando”».
«Convén lembrar -señalan- que o Principado de Asturias ten un proxecto estratéxico de mais de vinte anos de antigüidade de reforma de portos pequenos para adaptalos ao modelo de portos deportivos, baixo un discurso de desenrolismo turístico que confunde á poboación ofrecendo uns aparentes servizos de escasa trascendencia económica e cun gasto desmesurado, que vai mais na liña do clientelismo populista que en verdadeiros programas participativos de desenvolvemento dos recursos autoctonos e naturais. Como consecuencia, neste proxecto, como noutros, resulta rechamante o desprezo polos impactos sobre a ría, os cultivos de ostras, a sedimentación , as antigas especies tan abundantes, como foron os berberechos, os longueiróns, os ourizos, o pulpo, as nécoras, e tantas outras que non imos lembrar e que según o Estudo de Impacto Ambiental financiado polo Servizo de Portos de Asturias ou non existen ou non se van ver afectadas polos dragados e obras que se proxectan. Mesmo a riqueza arqueolóxica da ría pasa desapercibida no proxecto recurrido como se fose un astroloxo intrascendente. Asemade todas as normas de protección derivadas da declaración de ZONA ZEPA, Convenio RAMSAR, Rede Natura 2000, Reserva da Biosfera e outras quedan relegadas a simples papeis de publicidade política sen a mais mínima eficacia de protección medioambiental».
Y concluyen: «As duas asociacións recurrentes somos conscientes do delicado tecido social que conformamos as comunidades circundantes da ría, e da conflictividade que os oportunismos de cada quen pode xenerar se as cousas se extrapolan e se adoptan posición belixerantes que non veñen ao caso. Sin embargo consideramos que a defensa ponderada e realista dos dereitos das partes implicadas debe ser procedente e lexítima, sempre adaptada aos principios éticosociais e dentro das normativas vixentes. Coherentemente temos remitido unha copia das alegacións ao Sr. Alcalde de Ribadeo, ca proposta de que as remita á Xunta de Galicia e sexan aopiadas dende o propio Concello de Ribadeo».