Na vila focense participará o venres nun coloquio que terá lugar na Libraría Bahía
17 feb 2026 . Actualizado a las 09:46 h.A Libraría Bahía de Foz acollerá este venres 20 de febreiro ás 20.30 horas o coloquio no que participará o escritor Manuel Esteban. Versará sobre a súa última novela, «A lei do mar». «A novela lévanos dos escenarios pandémicos en España ata a terrible realidade da xente que procura chegar ás costas europeas expulsada pola desesperación, e achéganos á complexidade dos rescates no mar», avanzan desdea libraría, indicando que o coloquio está organizado polo club de lectura A carón dos libros e é aberto para todo aquel que queira asistir.
Manuel Esteban visitará tamén o club de lectura de Alfoz o mesmo venres 20 pola tarde, e o sábado 21, ás 12 horas, visitará o club de lectura de Barreiros, ámbolos dous organizados polos respectivos Concellos.