O sacerdote Xesús Mato a título póstumo, Galicia Digital e Yolanda Martínez Bajo recibiron os Bíteres de Honra 2025 en Benquerencia
A MARIÑA
A cita foi organizada polo Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia no lugar do Canteiro
29 dic 2025 . Actualizado a las 09:29 h.O Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia organizou este domingo o acto de entrega dos segundos Bíteres de Honra. O certame recoñeceu ó sacerdote Xesús Mato (a título póstumo), á plataforma Galicia Digital, dirixida por Xulio Xiz, como institución; e a Yolanda Martínez Bajo, directora de Talento y Cultura de BBVA, nunha xornada que tamén serviu de homenaxe á científica Aurora Sampedro e que foi presentada polo profesor Bernardo Penabade. O encontro tivo lugar no lugar do Canteiro, na parroquia de San Pedro de Benquerencia, en Barreiros. Arrincou coa presentación do libro Premios Bítere de Honra 2024, obra de Manuel Rivero Pérez, e continuou coa entrega dos bíteres de honra 2025. Colaborou na organización a Xunta de Galicia, e o Coro Airiños do Mar.