A asociación Francisco Lanza de Ribadeo organiza unha viaxe a Santiago para ver a Casa de Rosalía e a catedral; hai prazas libres
A MARIÑA
Será o 5 de outubro, a viaxe custa 75 euros e inclúe todo, viaxe, entradas e xantar
26 sep 2024 . Actualizado a las 13:27 h.A asociación Francisco Lanza de Ribadeo vai organizar unha excursión a Santiago o vindeiro 5 de outubro. Visitarase a catedral e a Casa de Rosalía de Castro. Aínda quedan prazas libres.
«Vai haber viaxe a Compsotela o vindeiro 5 de outurbo. Visitaremos a Casa da Matanza (Casa Museo de Rosalía de Castro) e a Catedral de Santiago (Pórtico da Gloria, Museo catedralicio e cubertas). A viaxe terá un custo de 75 euros e sairemos da Estación de Autobuses de Ribadeo ás 8,30 da mañá. A hora prevista de chegada será en torno ás 22,00h. O prezo inclúa entradas, guías e xantar», informan dende a asociación.
«Se algunha pesoa máis quixera inscribirse aínda está a tempo. Quedan prazas libres. Para facelo enviar correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mensaxe de whatsapp ao teléfono 699809606», indican.