Un recital poético e os títeres de Barriga Verde e Xan Perillán despedirán agosto no Teatro das Cortes, no Vicedo

Lucía Rey
Lucía Rey O VICEDO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >O espectáculo de «Xan Perillán e a maleta máxica», en imaxe de arquivo, chegará o sábado 31 ó Teatro das Cortes</span>
O espectáculo de «Xan Perillán e a maleta máxica», en imaxe de arquivo, chegará o sábado 31 ó Teatro das Cortes cedida

O venres 30 intervirán os escritores Marica Campo, Tareixa Campo, Olga Novo, Miguel Anxo Mato Fondo e Xulio Pardo de Neira, e o sábado 31 haberá unha Tarde da xente miúda

26 ago 2024 . Actualizado a las 11:03 h.

Algunhas das voces máis representativas da literatura galega actual daranse cita o próximo venres, día 30, no lugar de Xestoso, parroquia de Cabanas (O Vicedo), para despedir agosto no Teatro das Cortes. A iniciativa cultural impulsada pola asociación Volta e Dálle organizará nesa xornada o recital poético «Dos fíos desta casa arruinada», e no que intervirán Marica Campo, Tareixa Campo, Olga Novo, Miguel Anxo Mato Fondo e Xulio Pardo de Neyra. Dará comezo ás 19.00 horas, e levará por título: «Encontro galego pola memoria e versos para vivirmos as horas do silencio: anarquismo, matria e xeometría». 

Ó día seguinte, sábado 31, o Teatro das Cortes acollerá unha Tarde da xente miúda que dará comezo ás 17.00 horas coa exposición guiada «Onde foi Barriga Verde?», unha mostra en paneis sobre a xenealoxía de Barriga Verde, un espectáculo pioneiro de monicreques da Galicia de mediados do séxulo XX, e os títeres europeos, como Pulchinella, de Italia; Punch, da tradición británica; ou Guignol, o boneco máis popular en Francia. «Nesta exposición déitase algo de luz sobre as persoas que estiveron detrás do derradeiro expoñente do teatro popular de títeres no noso país, tentando así render homenaxe ao oficio das persoas titiriteiras, a súas itinerancias e as características comúns con outras expresións teatrais na europa», sinalan desde o colectivo que impulsa o actor Pepe Penabade. Tamén haberá un obradoiro de construción de marionetas de papel con Larraitz Urruzola e Anxo García, da asociación Morreu o Demo. Ás 20.00 horas terá lugar o espectáculo «Xan Perillán e a maleta máxica», da compañía Os Monicreques de Kukas.

Colaboran na cita a área de Cultura da Deputación de Lugo, ademais de Morreu o Demo e Modelo Burela. A entrada será de balde os dous días.