«Onte (por este sábado), amigos, foi un día moi triste para as frotas de baixura e litoral galegas. Chegounos do Estado o borrador da repartición de cuotas para o abadexo para os próximos tres anos. Ollade: 5 quilos ao día para artes menores e 10 quilos ao día para os de litoral. Nótase moito a incompetencia, a falta de sensibilidade, a mira de futuro cara unha alimentación san e saudable. Que esperamos, galegos, como pobo cun mar marabilloso fronte de nós?».
«Facemos contas: xurelo, 30 quilos á semán; sardiña, pechada; xarda, con topes ridículos; pescada, 150 quilos semanales; ollomol, outra cantidade ridícula ao día... que temos que andar toda a frota ao polbo? Non podemos teren unha frota diversa? Están a roubarnos o mar. Os que estamos no mar sabemos que estas especies non están para nada en perigo de extinción. É máis, respecto do abadexo, eu nunca vin tanto coma o ano pasado. Entón?».
Reproduzo as palabras dun mariñeiro de toda a vida, un amigo, que sae ao mar cada día e ademais escribe. Que sabe o que di por experiencia propia. Coñecido, que se queixa através das redes sociais este domingo das cotas que lles recortan á baixura. Só iso, co único ánimo de que se escoite á xente do mar, de servir de altofalante. Eles saben máis ca ninguén do mar. Están nel cada día desde o amencer. Levan mar salgada na pel e nas veas.