Por Viveiro acorda ca Fundación Olidis crear un centro de recollida de aceite en Viveiro con 10 traballadores

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

A Fundación Olidis vai crear un centro especial de emprego en Santiago e vai contratar a 700 persoas

25 may 2023 . Actualizado a las 18:45 h.

Por Viveiro anunciaba este xoves que chegou a un acordo coa Fundación Olidis, «polo que Viveiro contará cun centro especial de emprego de acopio de aceite Olidis, que xerará 10 postos de traballo directos no noso concello», anunciaba este martes Bernardo Fraga, portavoz de Por Viveiro.

«Goberne quen goberne a partir do domingo, Viveiro terá un novo centro especial de emprego creado pola Fundación Olidis, para a recollida de aceites, explicaba Bernardo Fraga, candidato á alcaldía.

Fundación Olidis vai crear un Centro Especial de Emprego con sede en Santiago de Compostela e vai contratar a máis de 700 persoas en toda Galicia para o seu proceso produtivo.

«Por Viveiro, coñecedor do proxecto -indicaba Bernardo Fraga-, reuniuse coa dirección para coñecer os plans para Viveiro e a súa contorna, e conseguimos o compromiso de ter en Viveiro un centro de Acopio de aceite Olidis, que terá 10 postos de traballo. A Fundación Olidis, recicla aceite usado e fai I+D+I, ten unha cátedra propia e ten presencia ademáis en Portugal. Trátase dunha iniciativa social, de impulso da economía circular, que pretende ocupar todo o territorio e transformar o aceite doméstico usado, en novos produtos con valor diferencial».

«Claro exemplo de que con vontade política e ilusión por mellorar Viveiro, é o acordo con Olidis. Coñeciamos o proxecto e reunímonos con eles para buscar a posibilidade de que o seu centro na zona estivara en Viveiro, e comprometéronse a que así sexa», declarou satisfeito Bernardo Fraga.

Olidis é a firma que está a crear un centro de aceites para cosmética en Cervo.