A Mariña centra a festa en maiúsculas das Letras Galegas en Lourenzá evocando a Don Paco con gran orgullo

lidia fernández / y.g. LOURENZÁ/ LA VOZ

A MARIÑA

Xaime Ramallal

A cita ten lugar na súa vila natal nesta xornada especial, cunha importante presenza de autoridades nos actos da Real Academia Galega e numeroso público

17 may 2023 . Actualizado a las 17:55 h.

Ao longo desta mañá tan especial, a gran cita do Día das Letras Galegas estase a vivir, a sentir, a respirar en Lourenzá, porque é o berce xeográfico do homenaxeado Francisco Fernández del Riego, Don Paco. A Real Academia Galega traslada á localidade laurentina os eventos que recoñecen e reivindican a súa figura e o seu papel, con protagonistas como a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, que abriu a rolda de intervencións, o presidente da institución, Víctor F. Freixanes quen lembrou ao homenaxeado (ademáis das presenzas inicialmente previstas de Margarita Ledo, Xesús Alonso Montero ou Francisco Díaz-Fierros Viqueira), xunto a Manuel Pereira, presidente da Fundación Penzol, que tamén pronunciou unhas verbas. Está previsto que tamén se desenrole a sesión de pleno extraordinaria da RAG, con seguemento en directo en YouTube (dende as 12.30).

Xaime Ramallal

Numeroso público se achegou á Praza do Conde Santo, cuberta parcialmente cunha carpa que se encheu de xente e vibrou tamén coa música que marcou o amencer desta xornada a partir das dez da mañá, actuando a Banda de Música de Lourenzá polas rúas primeiro, seguido do acto institucional da Xunta de Galicia con presenza do seu presidente, Alfonso Rueda, ademais do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, a partir das once e media, momento no que tamén actuou Luar na Lubre, conxunto que interpretou dous temas finalizando co Himno de Galicia, que coreou o público con ledicia, entusiasmo e sentimento. No pleno da RAG, tamén os grupos Souto Xímaro e Mestre Pacheco poñen o seu gran de area sonoro a esta conmemoración literaria que nunca esquecerá A Mariña. 

Pola tarde, máis eventos gastronómicos e musicais

Ás 15.00 horas está previsto un xantar popular no Campo do Mosteiro, ás 18.00 actuación da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e ás 19.00 concerto de Treixadura.

Ata Lourenzá tamén se achegaron esta mañá o delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, así como o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca. Tamén alcaldes da Mariña.