
Diferentes grupos deron vida á Praza do Souto, tamén houbo feira e gastronomía
06 may 2023 . Actualizado a las 22:25 h.Quedaba foliada para rato en Cervo na tardiña do sábado. Unha «festa rachada» na auténtica expresión galega, dando oco a grupos musicais da contorna e máis aló, con Tumba e Dálle ou Tiruleque como cabezas de cartel, nun evento organizado por Fol do Raxal, A Morena e Fervenza de Sargadelos que complementou sabiamente música con gastronomía e citas lúdicas para todos.


