Este domingo se celebra el I Concurso PuzzlEO en Ribadeo que se suspendiera por la pandemia, con cien parejas participantes: «Desta vai!»

y. garcia RIBADEO/LA VOZ

A MARIÑA

YOLANDA GARCÍA

Aepuzz, con su socia ribadense Patricia Pérez encabezando la organización, rescata el certamen que no pudo ser en marzo de 2020 por el covid pero que acabaría aumentando la afición: «Houbo un bum»

26 mar 2023 . Actualizado a las 14:52 h.

Con prazas xa cubertas e máis interesados que tiveron que pasar a unha lista de agarda, este domingo desenrólase en Ribadeo o I Concurso PuzzlEO, organizado pola Asociación Española de Puzzles (Aepuzz) e a Asocación Cultural A Ronqueta, con apoio do Concello de Ribadeo e entidades colaboradoras como O Ferrado Marelo, Doctor Panush, Bis a Bis e Trece Decoración y Eventos. A cita, que tivo que suspenderse en marzo de 2020 debido á pandemia (ía ter lugar xusto ao día seguinte de comezar o confinamento polo covid) vaise celebrar no Pavillón Municipal de Deportes, a partir das 11.30 horas. A modalidade é por parellas, que montarán simultáneamente un puzzle, igual para todas, de 500 pezas. As tres primeiras máis rápidas e a primeira a nivel local levarán premio. O tempo límite será de dúas horas. Patricia Pérez, socia de Aepuzz, forma parte da organización da cita pioneira na comarca que se centra nun xogo de mesa moi popular e que gañou adeptos a raíz especialmente da pandemia, como demostra a resposta do público ao evento ribadense.

_Houbo un primeiro intento de facer o concurso xusto en marzo de 2020, cando chegou o covid para mudar as nosas vidas.

_Si, creo lembrar que o concurso estaba para o 14 ou 15 de marzo e tivemos que cancelalo. Pasounos que había moita xente inscrita de Madrid, e outros sitios. En Madrid empezaran coas restriccións antes que nós, e chamábannos para saber se o concurso seguía adiante. Eu chamaba ao Concello de Ribadeo e dicíanme que se podía facer porque ainda non había unha norma que o prohibira, ata que se acabaron prohibindo as reunións finalmente. Daquela cubríramos o cupo (cen persoas) e quedara xente fóra. Desta vez pasou igual, ainda que este segue a ser o primeiro concurso porque o outro non se chegara a realizar.

_É a primeira vez que se fai na Mariña.

_Si, na Mariña si. Téñense feito concursos de puzzles en A Coruña e en Laracha, todos promovidos como neste caso por socios e socias. No resto de España hai concursos de puzzles por todas partes.

_O puzzle foi un dos xogos de mesa que recibiu un bum en pandemia. Hai tanta afección aquí na Mariña con respecto a outras zonas?

_Foi brutal. De feito, Aepuzz tivo un pico de asociados na pandemia e facíanse programas en directo. A xente estaba a comprar e facer puzzles na casa. Houbo un bum. Eu estivera no campeonato en Valladolid e despois de poñelo nos stories, veume xente dicirme 'yo hago puzzles también'.

_Que tipo de premios se van dar?

_Trofeos e puzzles.

«É unha actividade que promove a concentración»

_Que fai falla para afeccionarse a facer puzzles?

_Basta con ter ganas de pasar un rato entretenido, ter unha capacidade de concentración e agudeza visual. É unha actividade que promove a concentración.

_Eu adoito empezar polo borde do puzzle.

_Si, o truco do puzzle. Pero iso depende da imaxe.

_É mellor encuadralos ou desfacelos ao final?

_Eu son das que o faigo, desfaigo e gardo na caixa, pero só enmarco os que me foron difíciles de facer ou me gustan. Hai xente que os enmarca todos e outra que non enmarca ningún.

_Aos nenos tamén lles pode ser moi beneficiosa esta afección.

_Nos concursos é habitual que haxa modaldiades, non só de parellas, senón tamén por idades, e modalidades infantís. Esta vez como é primeira non me atrevín a facer máis dunha categoría pero se sae ben, non descarto outra vez facer meter a categoría infantil. Agora, para empezar, empezamos só coa de parellas, que é o máis habitual.

_Como vai ser en pavillón, espazo cuberto, non fai falla enviar ovos a Santa Clara este domingo. E agardamos que non veña outra pandemia...

_Bueno, espero que non caia un meteorito (ri). Desta vai!