Cheo no salón do Conservatorio de Viveiro na lembranza de Néstor Varela

La Voz

A MARIÑA

Xaime Ramallal

Faleceu hai un ano e compañeiros e amizades tributáronlle unha homenaxe

24 mar 2023 . Actualizado a las 20:21 h.

Este venres pola tarde o salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro encheuse para lembrar a Néstor Varela nunha homenaxe que lle ofreceron compañeiros de militancia, do BNG e da Asociación Julio Trillo de amizade galego-cubana. 

Néstor Varela, viveirense, faleceu hai un ano, vítima dunha enfermidade, e compañeiros de militancia e amizades quixeron lembralo con motivo deste aniversario no salón do Conservatorio.