Acto en Viveiro este venres en lembranza de Néstor Varela, falecido hai un ano

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Ás 19.30 no salón de actos do Conservatorio de Música

21 mar 2023 . Actualizado a las 18:05 h.

Este vindeiro venres, 24 de marzo,  ás sete e media da tarde no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro celebrarase  o acto “Lembrando a Nestor Varela García”. Varela García, nacido en Valcarría en 1956 e  falecido o ano pasado. Néstor Varela foi un activista que formou parte de organizacións sindicais, políticas e solidarias. Sindicalista da INTG, desde os anos oitenta e despois da CIG, militante do BNG e fundador en 1999, sendo o seu presidente, da Asociación Galego-Cubana Xulio Trigo.

O acto deste venres, organizado por compañeiros e amizades do activista viveirés, consistirá nunha proxección audiovisual que dará paso a intervencións de varias persoas que compartiron con Varela García militancia e vivencias desde os anos oitenta. A entrada é libre até completar o aforo do local.