Miguel Sande presentará este martes en Viveiro, "Brinde e desespero", Premio Johan Carballeira de Poesía, co cuarteto de corda do Conservatorio

La Voz

A MARIÑA

TVG

Ás 19.30 horas na Libraría Porta da Vila, no Día Mundial da Poesía

19 mar 2023 . Actualizado a las 13:09 h.

Miguel Sande, escritor e xornalista, delegado da Voz de Galicia na Mariña, presentará este martes en Viveiro "Brinde e desespero", Premio Johan Carballeira de Poesía (Edicións Xerais). Será ás 19.30 horas na Libraría Porta da Vila. Estará acompañado polo cuarteto de corda do Conservatorio. Colabora o Concello de Viveiro.

Miguel Sande gañou anteriormente o Premio Afundación de Poesía, que convoca o Pen Club de Escritores, coa "poesía do día a día", que destacaron críticos coma Manrique Fernández ou Armando Requeixo. Convídase a quen o desexe a ler algún poema para celebrar á vez o Día Mundial da Poesía este martes 21.