Premio Otero Pedrayo para un traballo en grupo do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo con documentación moi pouco coñecida

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

O xurado recoñece que quedou totalmente abraiado polo material incluido no audiovisual

08 mar 2023 . Actualizado a las 20:15 h.

O audiovisual «Otero Pedrayo e Ribadeo», presentado por un equipo do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo obtivo o premio Otero Pedrayo, na categoría escolar, na modalidade de traballo en grupo. Os premios Otero Pedrayo son promovidos polo Goberno galego e as catro deputacións. O galardón instaurouse no ano 1977, para perpetuar a memoria de Otero Pedrayo, promover os valores propios de Galicia e á melloría dos seus cidadáns e institucións.

A Fundación Otero Pedrayo comentou: «O premio ao mellor traballo en grupo recaeu no IES Dionisio Gamallo Fierros polo seu traballo sobre Otero Pedrayo e Dionisio Gamallo Fierros. Presentaron un vídeo documental no que aportan e comentan material autógrafo e bibliográfico moi pouco coñecido ata o de agora e que deixou ao xurado totalmente abraiado».

O equipo do traballo formárono Ángela Fernández González, Nora Maseda Freije, Lucía Miranda Santamarina, Antón Suárez García, Estela Veiga García e Claudia Vizoso González, alumnado de «Literatura galega e sociedade», materia de libre configuración de centro do noso IES, e os profesores Pipo Refojo e Suso Fernández Acevedo.

El IES agradece la colaboración de la familia Gamallo Fierros, en particular de Antonio Deaño.