Nesta nova etapa incluirá novos pratos na carta, como unha ensalada «irmandiña»
08 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Este martes reabriu as súas portas a Taberna de Sargadelos, que está situada dentro do complexo industrial cerámico, en Cervo. O establecemento hostaleiro que dirixe Jessica Carrasco levaba pechado ó redor un mes debido a traballos de reacondicionamento no local. Segundo avanzaron, nesta nova etapa incluirá novos pratos na carta, como unha ensalada «irmandiña», croquetas caseiras de xamón ibérico, cachopos ou pulpo á prancha. Ademais, a taberna ampliará horarios, posto que a partir de agora abrirá tamén os venres e os sábados pola noite.