A Banda de Música O Landro prepara un disco coas marchas da Semana Santa de Viveiro

Lucía Rey
lucía rey VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Os músicos da Banda de Música O Landro de Viveiro gravaron onte un cedé que levará por título «Historia dunha Paixón»
Os músicos da Banda de Música O Landro de Viveiro gravaron onte un cedé que levará por título «Historia dunha Paixón» Pepa Losada

A formación que dirixe Carlos Timiraos gravou un cedé na Casa do Forno de Celeiro

05 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Co ilusión de que a música da Semana Santa de Viveiro, un ben inmaterial, perdure no tempo, a Banda Municipal de Música O Landro gravou este sábado un disco monográfico titulado Historia dunha Paixón na Casa do Forno en Celeiro. A formación que dirixe Carlos Timiraos Timiraos interpretou para o cedé nove marchas procesionais que presentan un percorrido polas distintas épocas e mestres. A máis antiga é de principios dos anos trinta, e máis recente foi estreada o ano pasado en homenaxe ó paso de El Prendimiento. «A Banda leva case un século poñendo música á Semana Santa», destacou Timiraos. O cedé irá dedicado ó músico Blas García Liz e ás familias que ó longo do tempo formaron parte da banda.