Viveiro avanza el programa de Carnaval: repartirán 7.000 euros en premios

La Voz

A MARIÑA

CEDIDA

El certamen de Alpuxarradas será el sábado 18 y el desfile, el martes 21

04 feb 2023 . Actualizado a las 14:27 h.

La alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, y la concejala de Cultura, Lara F. Fernández-Noriega, presentaron el cartel del Carnaval 2023 y adelantaron algunas actividades que incluirá esta celebración. Se repartirán casi 7.000 euros en premios.

«A falta de pechar o programa definitivo, traballamos nun Carnaval que chegue a todas as franxas de idade e no que se transmita o espírito do Entroido viveirense -explican ambas-. Os actos comezarán o xoves 16 co xoves de comadres, no que colaboran os locais de hostalaría do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. O sábado, 18 de febreiro celebrarase o Certame de Alpuxarradas, no que tamén se repartirán premios. O día da cativada será o luns 20 de febreiro, coa Festa Infantil na Praza Maior.

Ademais, organizaranse obradoiros temáticos tanto o domingo 19 como o luns 20. Doutra banda, o domingo pola tarde instalaranse inchables gratuítos nos Xardíns de Noriega Varela. O martes, 21 será o día central de actos deste Entroido, co concurso de disfraces durante o desfile. Tras esta xornada de festa, o mércores celebrarase o enterro da sardiña, mentres que a rapazada poderá gozar do enterro da parrochiña.

A música, da man das charangas e outras agrupacións musicais, protagonizará todos os días de festa. Ademais, nesta edición, o Goberno local levará a animación musical a outros puntos de Viveiro, como Covas e Celeiro», señalan María Loureiro y Lara F. Fernández-Noriega.

«O prazo de inscrición ao desfile abrirase o próximo xoves 9 de febreiro e pecharase o 19 do mesmo mes. As inscricións tramitaranse achegando a documentación recollida nas bases do certame no rexistro ou na sede electrónica do Concello".