O socavón da vergoña

BERNARDO FRAGA

A MARIÑA

Pepa Losada

22 ene 2023 . Actualizado a las 16:30 h.

A Mariña, como vimos anunciando moitos dos que traballamos para que a nosa comarca teña presente e futuro, está abandonada. 

Esta semana producíase un feito moi grave, que demostra novamente que estamos illados e esquecidos polos nosos gobernantes. 

A estrada da Mariña, a mesma corredoira dos últimos corenta anos sufre un corte total, por un socavón. A alternativa: non existe.

Vivimos illados. Sen autovía nin corredor, sen porto comercial de referencia, sen tren, cada vez con menos empresas, menos postos de traballo e menos poboación. A única aposta que nos ofrecen: o turismo, por agora estacional, e con moitas carencias. 

Da igual quen goberne, PP e PSOE, os dous grandes partidos, alternan continuamente nos gobernos do Estado, e seguimos sen cambios. 

Ata cando seguirán as veciñas e veciños da Comarca votando as grandes forzas que nos teñen esquecidos? Nas últimas eleccións xerais, eles recibiron case o 70% dos votos, e triste observar, que en realidade temos o que nos merecemos. 

Frente a eles estamos pequenas forzas, con poucos medios e moita ilusión, co obxetivo de defender a Mariña que non se resigna ao abandono e ao esquecemento.