Xaime Miranda, de nuevo impulsando A Mariña como tierra de videoclips

y. garcia CERVO/LA VOZ

A MARIÑA

Rodrigo Ramos a la izquierda y Xaime Miranda a la derecha
Rodrigo Ramos a la izquierda y Xaime Miranda a la derecha CEDIDA

«É un dos mellores realizadores que temos no país», señala el cantante Rodrigo Ramos que acaba de estrenar trabajo audiovisual con él, «Nada máis», rodado en San Cibrao

18 ene 2023 . Actualizado a las 22:28 h.

Dice de él Rodrigo Ramos, cantante de Silleda, que «é un dos mellores realizados que temos no país». El artista acaba de estrenar videoclip con el cervense Xaime Miranda (director), para el tema «Nada máis» en el que canta con Lucía Pérez, que forma parte de su tercer disco Claustrofobia, y que fue rodado en San Cibrao. De hecho, A Mariña es un escenario recurrente por Miranda en la realización de este tipo de trabajos audiovisuales. En el de Ramos, ha formado parte del equipo también la cervense Sabela Blanco, en la sección de fotofija, y dos de los personajes de dicho videoclip están interpretados por mariñanos, Manuel (padre de Xaime Miranda) y Elías.

«É o segundo videoclip que fago con el»

Rodrigo Ramos explica que en «Nada máis» repite trabajo con Miranda: «É o segundo videoclip que fago con el. Xa foi no de Claustrofobia, con Víctor Fábregas e Adrián Ríos. Xa vimos traballando xuntos un par de veces». En esta última ocasión creativa, se ha buscado premeditadamente un contraste entre el estilo de canción, «bastante dulzona» según Ramos, y la presentación visual, «facer un videoclip que non fose a imaxe e semellanza da canción». El tema, explica, versa «sobre a ruptura de parella. Queriamos reflexar que as rupturas son como unha tortura, o que pasa por dentro. A acción sucede dentro dunha casa, pero tamén pode ser a mente dun mesmo, loitando por quitarse todos eses pensamentos que nos están atormentando. A canción termina coa liberación e saíndo dese bucle mental».«Ogallá haxa máis traballos con Miranda, estou moi contento», agrega.

Rodrigo Ramos presentará el disco en Santiago el próximo 11 de marzo, después en Madrid el 15 y en Vigo el 24. «A partir de aí engadiremos novas datas, e seguramente pasaremos pola Mariña».

Rodrigo Ramos en el videoclip «Nada máis», tema junto con Lucía Pérez
Rodrigo Ramos en el videoclip «Nada máis», tema junto con Lucía Pérez

Xaime Miranda: «Cando máis ou menos me encaixa, tiro para A Mariña»

Miranda non oculta a súa fascinación polas paisaxes e entornos de A Mariña, que tanto promociona a través dos videoclips da súa factura: «Cando máis ou menos me encaixa, tiro para A Mariña. Resúltame máis cómodo e, tamén, porque me gusta tirar de sitios e de xente que coñezo, neste caso [el videoclip para Rodrigo Ramos] meu pai e Elías, que tamén é de Cervo e é unha persoa que me parecía que tiña boa planta para un video».

_Para que grupos ten traballado xa?

_O primeiro videoclip que fixen foi para The Brosas, amigos meus de Burela, recén acabada a carreira de Comunicación Audiovisual. A partir de aí fixen outro que gañara o premio do público no Festival de Cans, para Mequetrefe de Lugo. Despois, foron máis para os Basanta de Vigo, Dios Ke Te Crew, Ayatolah, Pablo Lesuit, Xoel López, Familia Caamagno, Heredeiros da Cruz, Agoraphobia, Boyanka Kostova [onde escolleu un telón de fondo chamativo como os dolos de Morás en Xove], Grande Amore, Ortiga, Mileth, Carolina Rubirosa, Rodrigo Ramos, Radio Océano... Debo levar case 70 videoclips feitos. A bastantes dos grupos e artistas xa lles fixen varios.

_Algún conxunto ou artista de fóra de Galicia?

_Si, os anteriores son todos galegos, pero tamén fixen para uns que se chaman Mala Iierba, de Navarra.

_Algúns outros, incluso a nivel nacional, cos que lle gustaría traballar?

_Da mesma forma que me pasou con Heredeiros da Cruz ou con Radio Océano, que por idade os escoitaba cando era rapaz, nesa liña si que hai máis grupos aos que me podería facer ilusión facerlles un videoclip.

_Que ten de especial ou particular o videoclip dentro da realización audiovisual?

_O videoclip de particular ten varias cousas. A máis importante é que está moi vinculado á canción; tes un contexto sempre que che marca unha liña. No caso de Rodrigo Ramos queriamos buscar un contraste. Xa fixera un video con el para este disco Claustrofobia, que estaba feito nun tono de cine cun toque dramático escuro, e por seguir na mesma liña de cine con certo drama, ocorreusenos iso. Tamén polas pelis de Tarantino. Asi foi como cando empeza Lucía a cantar, a el danlle o primeiro golpe, porque é unha canción que fala dunha ruptura. Era buscar un paralelismo.

_Falando de rupturas, o que está a dar que falar o tema de Shakira... Estaría disposto a facerlle un videoclip?

_[Ri] Un videoclip a Shakira, ou quen me chame, e se quere facelo na Mariña, mellor!