Comunicado conxunto da oposición no Valadouro

PP, Udival e concelleira non adscrita, Fina Geada.

A MARIÑA

CEDIDA

09 nov 2022 . Actualizado a las 13:22 h.

A oposición do Concello do Valadouro, conformada polos Concelleiros do Partido Popular, Udival e Concelleira non adscrita, queremos aclarar a nosa postura en contra dos expedientes de suplemento de crédito presentados pola alcaldía e que foron tratados no pasado pleno do día 3 de novembro.

En primeiro lugar, nas reunións mantidas cos portavoces, non se nos deu unha información clara de para qué necesitaban ahora tantos cartos. Por parte do alcalde xustifícase a necesidade de ampliar algunhas partidas con mentiras, como é habitual nel. Despois de dúas horas de reunión seguimos sen poder comprender as explicacións que nos dan, polo que chegamos a un principio de acordo, xa que se non fose así estaríamos alí ata a noite sen ter as contas claras.

Ó día seguinte recibimos unha convocatoria dun pleno extraordinario e urxente para tratar estes suplementos, cando ós poucos días celebrariase o pleno ordinario, supoñemos que sería para que non nos dera tempo a estudialos máis, porque senón non ten sentido.

A nosa postura no pleno foi voto en contra destes suplementos tal e como están confeccionados, porque non nos podemos fiar desas contas, estando sempre a favor de aumentar a partida para a suba dos funcionarios, o persoal do concello ten que cobrar o que lle corresponde por Lei, non pode ser doutra maneira, o que non é admisible é que inflen esta partida para contar despois con máis cartos, as contas teñen que estar claras.

Igual pasa coa partida do servizo de dependencia (SAF), servizo moi importante e necesario para moitas familias, pero igualmente inflan a partida, ó noso entender a cantidade que propoñen aumentar non é real, polo que propuxemos se nos presente un suplemento para os gastos do persoal e servizo de dependencia cos importes reais que se necesitan para rematar o exercicio.

O resto das partidas incluidas nestes suplementos poderían telas xa cubertas antes de chegar a este momento con transferencias doutra partidas ou coa incorporación de remanentes que fixeron no mes de xuño, pero prefiriron deixar todo para o último trimestre porque despois poden incorporar estes importes ó presuposto de 2023.

A estas alturas a oposición algo entende dos presupostos, non nos fai falta facer un cursillo, como manifestou o alcalde no pleno, o problema é precisamente do alcalde e equipo de goberno por non xestionar ben o presuposto.

No que respecta á proposta feita polo concelleiro de Deportes, incluída nun suplemento por importe de 1.500 euros para uns investimentos no campo de fútbol, para o cal teñen unha xubvención xa dende o ano pasado, e que dí que pola nosa culpa non se vai poder levar a cabo, decirlle ó concelleiro que se entere ben, que a partida de Deportes, vincula con Educación e Cultura, e que de calquera dunha destas partidas se podería ter sacado esa cantidade seguramente sen problema ningún, como por exemplo da partida de Cultura (Feiras e Festas), da que se están a gastar cartos sen moito sentido.

Está claro que non queremos entorpecer nada, como di o alcalde, todo o contrario, queremos que se xestione ben, que os cartos se invirtan no que realmente se necesita, con responsabilidade e sen despilfarrar, por iso insistimos na nosa proposta feita no pleno pasado e que pedimos que constara en acta: Un suplemento cos gastos REAIS que se necesitan para o persoal e para o servizo de dependencia.

Nós estamos a disposición das necesidades do pobo, non dos caprichos e despilfarros do equipo de goberno.