Pregón de Marina Oural na XXX Festa da Faba de Lourenzá

MARINA OURAL LOURENZÁ/ LA VOZ

A MARIÑA

UGIA PEDREIRA

01 oct 2022 . Actualizado a las 14:52 h.

Oín decir que para non mellorar o silenzo é mellor calar. Estou pillada, non teño escapatoria, non vou melloralo e estou falándovos. Bo día a todas as persoas, moitas grazas Rocío e equipa por este convite de honra, ser pregoeira da 30 edición da festa da faba. No ano 2020 propuxérasmo con moita alegría e antelación, non imaxinábamos ninguén unha pandemia que marcaría as quendas de todos os países do mundo. Así que alegría de estáremos hoxe aquí, e ilusión ser a pregoeira dun contexto que vin nacer e máis tarde axudaría na crianza! Alegría inmensa que siga viva, eso celebramos tamén, seguir na vida e saúde para poder seguir encontrándonos e laborar momentos que nos lembren que os humanos somos quen de crear entre todos e para todos alimento común bo e xeneroso.

Como me dixo miña mai hai 1 mes cando comezaba a darlle palabras na escrita para o día de hoxe «e mira… para o pregón da festa faba tés que escribir para ler ou?» E dixen… «así é mamá, teño que primeiro escribilo para logo lelo». Que sinxeleza tan fermosa e rotunda de pregunta, non en van ela foi a que me aprendeu a ler e a escribir. Ela e meu pai os meus primeiros mestres, labregos que aman a terra sen sulfato, son os que me aprenderon que para lograr algo hai que elixir boa semente, preparar a terra con bo abono natural, mondar as hervas da fame, aceptar as xeadas que unha noite acabe con toda a colleita de patacas que xa estaban medradas, aceptar choiva ou os chuzos de punta, e seguir confiando e coidando o prantado ou volver prantar ata lograr froito co que ir á feira e vendelo como mellor se poda para boa vida compartida co alimento fresco da terra no centro das vidas e das bocas. Para min desde moi nova, todo un manifesto da vida mesma.

Gardo imaxes dos comezos, na Feira Vella, Marifé alcaldesa daquela, na fe que funcionaría, na casa coidando cada paso para que todo saise ben, reunións, asociación, viaxes, campos de ensaio, conversas con mil frentes ano tras ano preocupados pola colleita dese ano e polo prezo de venta. Veciños e veciñas, colaboradores de todos os ámbitos entrando a formar parte de algo novo que nacía desde o val para celebrar na vila. Os labregos e labregas que máis tarde nomearíamos ‘fabeiros e fabeiras’, eran un fervedoiro de idas e vidas do mercado da faba, os medios de comunicación, as equipas científicas, nas casas todos a axudar, moitos frentes había que atender. Como de repente novas accións ligadas á prantar e comer, tomaban forma útil na política, no social, no empresarial, na palabra, na acción, na vida diaria das casas e dos corpos e pensamentos. Había que celebralo para que nós mesmos o púxesemos en valor e o resto do mundo tamén, precisábamos que tivese a suficiente forma e fondo para construir algo sólido e saudable para que poidese continuar forte o proxecto e non se quedase no feito de vir comer e irse, o proceso era polo tanto o grande diamante. Era xa moi claro que a cidade non daba alimento senón que o demandaba e o abandono da terra o inimigo que hoxe nos saca as cores a golpes por todas partes. Que podía facer eu como filla, como humana namorada da aldea e do val que me viu nacer e criar sendo xa emigrante ao urbano e desde nena decíndo que quería estudar coreografía.

Elixín escoitar o profundo meu propio e da situación, o leite de 5 vacas pagárame os estudos de Relacións Públicas, logo había que devolverllo á aldea e para comezar ao meu val, o Xardín de Lugo. Así que traballar profesionalmente desde o cultivo da cultura era a opción, estaban en xogo demasiadas cousas importantes para min. A primeira a propia supervivencia do bo alimento. Os guisos de fabas que na casa de sempre comía, por ningún lado os atopaba, facíaos para amigos que hoxe teño a fortuna de telos ao ladiño, e máis tarde no palco, e a sorpresa era maiúscula para o seu padal. A medida que iba andando a vida, máis claro se posicionaba en min o erro tan grande que cometeríamos todos -e sobre todo os galegos e galegas, que no noso espíritu e idiosincrasia levamos o alimento na alma- se abandonamos a horta (tamén a virtual ou creativa), por moi pequena que sexa, ou do contrario desaparecemos como cultura con todo o que eso implica. Así de radical o vía daquela e o vexo hoxe tamén. Pero, por todas partes a presión do contrario é o día a día. Eu comía a nosa faba e sentía que era gloria, unha xoia. Estaba convencida e sigo nas mesmas 30 anos despois.

Grazas a ter boa mestra de RR.PP. daquela, creei asociación, din moitas aulas e fun quen de poñer ao servizo da festa da faba todos os coñecementos, ideas, equipo e tempo que fixera falta con tal de que a nosa faba entrase a formar parte dos proxectos colectivos desde a visión da terra. Acompáñame na vida desde sempre, Antonia Pérez, profesora de rr.pp., turismo e socióloga, e hoxe teño a sorte de tela aquí escoitándome, e temos a sorte todos os laurentinos que elixiu este evento para escribir un capitulo nun libro que moi pronto verá a luz, leva por título o capítulo «A festa da faba,un exemplo de patrimonio cultural inmaterial con impacto no desenvolvemento local”, financiado pola UDC (Facultades de Filología e Turismo, dptos. De letras e Socioloxía). Comezabamos na oitava edición, ano 1998 precisamente o pregoeiro fora Francisco Fernández del Riego, o escritor laurentino Letras Galegas 23, e ata a decimosexta formamos equipa estable con Vidal como Alcalde e Antonio de Ron na dirección da equipa científica do CSIC. Así, administración local, provincial e autonómica, os científicos e colaboradores, os fabeiros e fabeiras e o gabinete externo que eu dirixía, ATANA remamos no mesmo horizonte. Mouriño Cuba desde a delegación de Medio Rural de Lugo veña brío, con moitos labregos/as, meus pais entre eles e a asociación (un abrazo especial a Pepe de Masma que lamentablemente non podemos gozar del hoxe, teña en paz) e moitos outros e outras que están recollidos nas diferentes avaliacións escritas por min e que se poden ler no actual Centro de Interpretación da Faba que tanto brilla os últimos anos, grazas!. Foron determinantes para a súa divulgación exterior os diferentes contextos por Galiza, Madrid ou Barcelona dando de comer e promocionando a faba con guisos feitos por miña mai con meu pai ao seu lado, tamén os medios de comunicación pasando pola cociña da Casa de Alaxe, cociñeiros e cociñeiras desde diferentes puntos xeográficos dispostos a experimentar na cociña. Ese enfoque, convidar a maridar a faba con calquera producto imaxinado, deu moita forza na creación de platos e hoxe en día podemos atopar a nosa faba dentro das cartas máis exquisitas imaxinadas. (naquela altura, unha utopía tal feito). Ao tempo participar en contextos especializados e aportar datos do proceso de enfoque social e científico sen aínda ter os definitivos, as fases de investigación eran polo tanto as nosas ferramentas que escribíamos e facíamos ao tempo que as usabamos. Os campos de ensaio que grazas a moitos labregos que os cederon e mimaron durante moitos anos se puido dar coa diferenciación clave, a pel, pura poética si. Así, a miña misión coma outra semente máis, era sumar carne aos ósos que xa estaban medrando como festa e como faba desde a diferenciación. Non era doado, non había tradición de comer fabas no país e a imaxe da faba era de todo menos xoia. Todo era novo e había moito que investigar, ler, visionar, compartir, escribir, conversar, viaxar, ensaio/ error, pura ciencia, pura arte e alimento si! Como responsable principal da mensaxe a comunicar foi desde o comezo a miña obsesión vencellar a semente coa arte, así escribín o lema/verso que hoxe se espalla, Cando a natureza é arte. A partir de aí, ligar a creación artística á xestación de cada idea fixo que viñeran moitas opcións para deixar pegadas que poideran servir de abono para novas persoas que se incorporaran á organización: especialide artística en cada edición con atención á nosa comarca, cartelería de autor, concurso fotográfico aberto á participación de profesionais ou amadores de ámbito estatal, colaboracións e patrocinios permanentes de empresas locais, coidada presentación a medios de comunicación, participación de axentes ligados a ámbitos da alimentación, investigación e creación, declaración do evento de interese turístico galego, centro de interpretación da faba, un libro, deseñadores gráficos, en creación de contidos (Vieiros/Acordar) á socióloga e poeta ligada á ciencia e á astronomía, Estibaliz Espinosa. Con ela puxemos na práctica o primeiro e único que eu saiba, Estudo Socióloxico dunha leguminosa en Galiza (e atrévome a decir que no resto do mundo pero seguro que esaxero) para darnos conta da paixón e movemento interxeracional que todo esto provocaba, as conversas foron determinantes. De novo aparece a ciencia, segundo o biólogo Humberto Marturana os humanos somos a única especie con capacidade para linguaxear, feito que nos dá a posibilidade de crear o mundo desde as nosas conversas. E si, posicionar aí a faba, era urxente. O salón de actos ateigado de fabeiros e fabeiras, o colexio e a vila veña falar e reflexionar sobre a faba. Estabamos no camiño. A semente de séculos americana, phaseolus vulgaris, hoxe galaica, retábanos a poñer en valor este espazo da Mariña co microclima que nos protexe, a nube si. Grandísima gratitude ao ceo. A pesar das voces contrarias seguir dando amor ao rural onde nacín resoaba moi claro xa daquela para min. Veume dada a vida entre froita riquísima, animais que nos axudaban a vivir, o cabalo, as vacas, os cochos, as galiñas, as legumes…todo esa riqueza era urxente e segue a ser protexela, admirala e desde o que cada un poda facer, coidar que siga entre nós. Máis aló da boa vida na alimentación está unha forma de mirar e escoitar o mundo, a cociña lenta e coa atención a cada paso para que as nosas fontes non sequen. Alegra moito ver novos proxectos nacendo polo noso rural afeito no momento presente.

Pregúntome se a pandemia, a que fixo que se retrasase esta celebración dous anos resultou ser esclarecedora do que é o fundamental para calquera ser humano. Ogallá abunde a reflexión desde onde nos relacionamos e para que os humanos. Porque, pais ou mais non todos somos, pero fillos e fillas si. Da terra o primeiro, dos nosos antecesores despois. Aquí ou no universo enteiro, a competencia non é un valor, por moito que os plans económicos o dicten e todas as empresas de todos os continentes o imploren, a terra co ceo apréndenos a ver que colaborando entre todas as especies vivas aseguramos a vida, e polo tanto morrer é parte do proceso. Crear novas realidades, vidas, é o cometido, manter o que é fundamental para que eso suceda a nosa misión como habitantes do noso espacio sexa cal sexa. Hoxe que tanto se fala da ‘economía circular’, dar novas vidas ás cousas sen estragar as anteriores. Traballar no cultivo-cultura-arte desde os anos 90 deume a posibilidade de ver moi claro o sulfato, pois o fráxil, o sensible, a escoita profunda é fácilmente aniquilada pola publicidade , marketing ou propaganda feroz que con independencia dos valores, o carto marcaría todo. Así foi, asi é, e agora que facemos? Daquela que xa os estudos de RR.PP. me advertían de todo esto, pensei que se escribíamos, falábamos e reflexionábamos era fundamental (moita foi a latiña que din ás miñas amizades, alumnos e persoas do meu día a día coa faba, sintoo, era necesario). Poñela en valor nos cartos xa que logo era tamén obxectivo. Lembro cando marcaba o prezo o comprador, sempre agradecida a ese pobo asturiano que quero tanto e que tamén tanto nos deu e dá, e aprendeu das formas de cultivo. Pero a vaquiña polo que vale, a nosa semente reclamaba a súa identificación clara. Hoxe meus pais así mo confirman cando lles pido que me conten o que queren que diga neste pregón: os dous coinciden en afirmar que foi grande traballo e aposta e que para quen o traballa dá cartos e sustento ademáis de bo alimento, rico e xeneroso. 1k de fabas dá para 10 persoas, logo é moi relativo o caro ou barato.

No 2007 chegaba a nova, acadaramos a Indicación Xeográfica Protexida e alegría. Novos testigos collerían esa forza, estaba segura e funme. Así foi, conformouse o consello regulador e a maxia quixo que no 2017 un poema de Juana de Ibarbourou viñera visitarme e nacera a obra Juana_Inspiracións/Docencia, poesía danza e música, que a poeta de América que temos a sorte de ter connosco sempre nesta biblioteca dera o susurro exacto desde o outro lado do atlántico. Así a I.X.P. Faba de Lourenzá Terras da Mariña foi principal colaborador levando por vez primeira a faba galaica á palco xunto ás rosas e á terra pero sobre todo rodeada de arte maiúsculo como se merecía. Grazas Pepe, por entenderme sempre. Ganamos con ela moito aprendizaxe e recoñecemento, o premio Luisa Villalta marca prantación e nace Rosas Negras que mañá poderemos compartir. Posteriormente Maleducadas, poesía en concerto coa poeta de Luisa Villalta como raíz, e que o próximo 30 de outubro no Teatro Colón de A Coruña poderedes degustar con entrada de balde mediante reserva.

Así pois moita poesía, guisos, música, experiencias vitais, viaxes e traballos de fondo calado na miña vida tenen á faba como espello de cooperación e conspiración, buscar apoios para medrar, abonar sano, crear lento, coidar, mondar, aterrar, non competir, coidar cada bagullo, atencionar a froitos verdes e maduros, esfollar, traballar coas maos, tocar a terra, compartir con diferentes xeracións e capacidades, escoller, conversar, bailar, cantar, tocar, crear, empaquetar, vender, chorar, rirse, adoecer de rabia, ser moi feliz, coidar da saúde, facerse autónoma, pagar as facturas…etc etc. Así pois que fixo a faba por min?, por nós? É pois o pregón/a pregunta, preparando este souben que os pregóns comezaron con música e había poesía neles. Así pois todo se dá para seguir e seguir. Hoxe teño a sorte de me acompañar por dúas grandes mulleres e nenas para a música e o poema, escoitaremos unha copla que reescribín desde a admiración á nosa faba xunto a melodía do Alalá de Vilanova que tantas veces me canta a socia e compositora Ugia Pedreira, outra labrega da cultura que tivo a ben musicarme poemas para a ‘nosa faba-vida en palco e que desde hai 10 anos a levamos polo mundo adiante. Soará a voz de Mara Villapol, vén de Trabada, a miña terra mai coa música de Chefa Alonso, coruñesa e pioneira na improvisación libre en España, a directora musical que me deu as alas para que Juana_Inspiracións fose realidade.

MARA/CHEFA (saxo)

Copla Unha faba, unha vida:

Ai o val dos meus amores

Dasnos tu fabas fermosas

Chámante Xardín de Lugo

Por nutrires, casas e rosas

Que no fondo hai un principio

Que na tona un arrepío

Hai amores polo fío

Hai calores que dan brío

Daremos por despedida un poema de Juana de Ibarbourou que integramos na obra e traducín ao galego polo moito amor que mostrou á poesía de Rosalía de Castro así como ao cariño e orgullo que na terra de seu pai prendese seu nome pola maxia que ela mesma escribiu:

Una semilla lanzada al voleo

MARINA/CHEFA (calimba)

Morriña

Rosas brancas do mar

Que está bicando Galiza

E un vento músico que anda

Polos seus vales e rías

Non sei que, sempre de néboa

Non sei que, de sedas ricas

Algo que un pouco magoa

E algo que sempre acaricia

Sóñoa con dobres soños

De namorada ausente e de filla

Se algún día a ti chegara

Quero sentirme

Galiza!

Que gocedes da Festa da Faba e do moito que ofrece hoxe esta vila e o noso val! Moitísimas grazas e moita saúde a todos e todas! Viva a Festa da Faba! Viva a nosa faba!