O rei emérito recibiu en Sanxenxo unhas zocas do artesán mindoniense Alberto Geada

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

TVG

Fóronlle entregadas por unha reporteira da TVG, do programa Quen anda aí?, que copresenta o mariñán Roberto Vilar

20 may 2022 . Actualizado a las 17:52 h.

O rei emérito recibiu este venres en Sanxenxo unhas zocas artesás que elaborou Alberto Geada, coñecido zoqueiro da Mariña que xa deseñara unhas zoquiñas que lle foran entregadas á raíña con motivo dunha visita dela tamén a Galicia. As zocas fóronlle entregadas ao rei Xoan Carlos por unha reporteira da TVG, do programa Quen anda aí?, que copresenta o artista mariñán Roberto Vilar, natural de Xove.

As zocas de Alberto Geada levaban uns retratos do rei nunha delas, e na outra da raíña. Alberto Geada, xa "zoqueiro real", é un coñecido artesán mariñao que deseña zocas cun estilo e arte moderno e que ten expostos  modelos propios en museus de toda Europa. Del son tamén as zocas que cada primavera desfilan no festival do Valadouro. Este venres expresaba a súa satisfacción porque as súas zocas chegaron a mans do rei emérito, que se interesou polas zocas e conversou coa reporteira da TVG.