O IES de Ribadeo, escola embaixadora do Parlamento Europeo

J. Manuel Yáñez Dablanca

A MARIÑA

19 may 2022 . Actualizado a las 17:21 h.

O luns 9 de maio celebramos no IES Ribadeo Dionisio Gamallo o DÍA DE EUROPA. Unha data especial que une a case 500 millóns de cidadáns e cidadás con obxectivos e valores comúns. Hoxe máis que nunca faise necesaria una visión global da sociedade e un espertar social responsable e comprometido cos principios necesarios de futuro: paz, sostibilidade e democracia.

Ao longo de varias semanas desenvolvemos actividades, exposicións e charlas que buscan información sobre eses ámbitos e pretenden amosar camiños e perspectivas para o noso alumnado; unhas nas que eles son os protagonistas, e outras, nas que invitamos a diversas persoas que comparten con nos ese espírito de progreso e coñecemento.

A finais de abril estivo no centro Nicolás González Casares, eurodiputado, que aportou a súa experiencia e contou o seu día a día nos labores políticos que se desenvolven na UE. Visitamos o Concello para informarnos sobre o traballo desenvolvido con fondos Europeos, e sobre o que o alumnado está traballando no Proxecto TAEUS e do que farán exposición a finais de curso.