Este 17 de maio, Trémola Teatro actúa no Valadouro e Pepo Suevos en Ourol

A MARIÑA

Actuación de Trémola Teatro
Actuación de Trémola Teatro ANA GARCIA

En Viveiro haberá un recital poético e música con David Bellas e Amigos do Folk

16 may 2022 . Actualizado a las 21:59 h.

No Valadouro, este martes, Trémola Teatro glosará (Praza de Santa María, na vila de Ferreira, 19.00 horas) a vida de obra de Delgado Gurriarán. Ao rematar a peza teatral, a agrupación Amado Lar recitará poemas escollidos do homenaxeado.

Viveiro saudará o Día das Letras con música. David Bellas interpretará o himno galego desde o balcón da biblioteca municipal ás 12.30 horas. Ás 13.00 haberá pasarrúas infantil e xuvenil de gaitas a cargo de Bágoas da Terra, e ás 14.00 será a quenda de Amigos do Folk. Xa pola tarde, ás 20.30 horas no conservatorio, celebrarase o Recital Música e Letras, con Rosa Lage, Víctor Rolle e Lara Fernández. Participarán na cita os usuarios de Aspanane.

Ademais, desde o goberno local convidan á veciñanza a sumarse á iniciativa «Orgullo de ser», utilizando algunha peza do traxe galego á vestimenta, ou vestíndose completamente ao xeito tradicional. Os escaparates dalgúns locais do Centro Comercial Histórico de Viveiro están decorados para a ocasión. Tamén se colocaron carteis con exemplos do refraneiro galego por toda a cidade. Por outra banda, a Asociación de Veciños Campo de Urraca exporá os maios, as estruturas florais que celebran a chegada da primavera.

En Ourol, da man dos Aturuxeiros, Pepo Suevos ofrecerá este martes desde as 18.00 horas no local social de Bravos un espectáculo de humor.