Será este vindeiro domingo, 22 de maio
16 may 2022 . Actualizado a las 20:15 h.
Onte, luns 16 de maio, presentaron o Trail do Vicedo na emblemática praia de Caolín. A presentación deste trail correu a cargo do alcalde, Jesús Novo; tamén estaban integrantes do Club Lar de Trail, Montaña e Sendeirismo, coorganizadores da proba, e Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, falecida no mes de xuño de 2021, e á que está adicada esta edición do Trail do Vicedo, xa que foi unha das súas principais impulsoras na primeira edición de 2019. O Trail do Vicedo será este vindeiro domingo, día 22. A participación vai ser alta pasando dos 450 inscritos, repartidos nas 3 disciplinas: «Andaina, Trail 15 kilómetros e Trail 28 kilómetros. A inscrición pecharase este mércores 18 de maio ás 15 horas (a andaina xa está completa)», indicaron os organizadores.
Tanto a andaina como o Trail 15k partirán das inmediacións do Fuciño do Porco, un dos emblemas turísticos do Concello de O Vicedo, cun percorrido espectacular, e o Trail longo sairá da zona de meta, situada este ano na Rúa do Porto.