Teatro en Burela, feira do libro en Ribadeo e máis citas
14 may 2022 . Actualizado a las 22:16 h.Continúa a programación das Letras Galegas este domingo con diversas iniciativas municipais Salientar a feira do libro en Ribadeo con presentacións (María do Cebreiro ás 12; Carlos Varela ás 18 e Antía Yáñez, ás 19 horas. Concerto de Eva Parmenter ás 13 horas).
burela
Teatro: «Tras os vieiros de Florencio». A teatral é a vía que ofrece o Concello de Burela a través da súa delegación de Cultura para afondar na figura do homenaxeado das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriárn, este domingo 15. «E que mellor forma de facelo que desde o humor e a maxia», suxire o edil José Díaz. A proposta burelense chámase «Tras os vieiros de Florencio» (Casa da Cultura, 19.00 horas), con entrada gratuita e dentro do programa de dinamización lingüísica FalaRedes. A función é un espectáculo de Fantoches Baj, un «teatro de obxectos» dirixido a público adolescente e adulto». A banda sonora foi creada «a partir de temas tradicionais que gravou o guitarrista Antonio Bravo». Un espectáculo moi entretido.
cervo
Presentacións de Tony Cazás. A Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras completa a programación dominical de Letras Galegas coa presentación das obras do escritor Tony Cazás A la sombra de una higuera e El verdugo de las almas perdidas (Casa da Cultura de San Cibrao, 19.00 horas).
barreiros
Cita para público familiar. En Barreiros, comeza a axenda das Letras Galegas este domingo 15 con A viaxe de Rosalía, para público familiar (Centro Sociocultural, 19.00 horas).